Cando morreu o seu pai, Luz viaxou dende Madrid (onde reside) ata Copostela (onde se encontra a súa casa familiar) para arranxar os papeis, para organizar as ferramentas nos galpóns, para ver que facía co gato da casa. Daquelas semáns xurdiu un libro que é en realidade unha homenaxe ao seu pai e á súa propia infancia, titulado “Casa Pechada”. A xente de xardin namorámos dese libro e decidimos musicar algúns dos seus versos, que terminaron formando parte de “Aprendendo a ladrar”, pero que ademáis xa forman parte das nosas vidas.