Xardín Desordenado adicóu o seu terceiro traballo discográfico a Carlos Casares, autor do Día das Letras no 2017. Trátase dun traballo peculiar, xa que por primeira vez inclúense cancións compostas sobre relatos, o que supuso un esforzo adicional, pero tamén a ventaxa de que as historias contadas favorecen o formato canción.
Por outra banda, a través da Fundación Carlos Casares, Xardín Desordenado recuperou poemas de Carlos Casares nunca pubricados nun libro (tan só en revistas literarias) e reuníu eses poemas no Cd, dándolles así soporte físico e musical.
Os textos que compoñen o cd “Casares” son:
1.- Monólogo
2.- A Galiña Azul
3.- Primeira Lembranza
4.- Elegía para Luis Cernuda
5.- Amemos
6.-Dous Normandos
7.- Outro Verán
8.- Un polbo xigante
9.- Verbas de Espranza para Rosalía