Casares “Desordenado”

¨Monólogo¨
Carlos Casares, consideróuse un narrador, e chegou a afirmar: “non quero reflexionar sobre o meu mundo, só pretendo contalo”. Por exemplo, neste relato, no que reflicte  o Madrid da década dos sesenta. Unha cidade que por entón atopábase na terceira ou a cuarta posguerra; unha cidade en certo modo todavía militarizada e sometida a unha censura que impedía calquera demostración espontánea de cultura. Casares cóntanos esa cidade a través dun personaxe tan amargo como o entorno. Un profesor que da clases de 8 a 8, sen vocación e mesmo sen respeto polos seus alumnos, que ten logo que regresar a unha casa chea de fillos que representan para él unha penosa responsabilidade, e xunto a únha muller da que fala coma dunha tediosa adversaria. O relato titúlase “Monólogo” porque é o monólogo deste home nun bar de Madrid, un pouco bébedo, e misturando amarguras con cubatas.

¨Amermos¨
Dos escasos poemas que se conservan de Carlos Casares, “Amemos” é unha invitación, case unha orde, para amar. Non sabemos se -como se dí- Carloos era un home moi namoradizo, pero o xeito no que coñeceu á que sería logo a súa muller, foi un suceso non só romántico, senon case cinematográfico. Regresando de Bilbao no tren, sentouse ao caróin dunha sueca. Unha rapaza que forma parte dunha expedición científica e tiña que tomar o barco onde esperábanna os seus compañeros, no porto da Coruña. Pero Carlos convéncea para que baixe con él en Compostela, có poderoso argumento de non perderse unha cidade histórica e máxica. Pasan o día en Compostela, namoran nas súas rúas, e viaxan ao solpor en taxi a Coruña precipitadamente, para que Kristina non perda o barco. Chegan aos peirados da Coruña, o barco segue alí, os compañeiros chámanna, ela corre, pero párase ao final do peirado… e non sube ao barco, senon que embarca na vida de Casares para toda a vida.

¨A galiña Azul¨
Carlos Casares foi presidente de Acnur en Galicia, e sumouse a canta iniciativa solidaria poñíanlle diante. Se vivira hoxe, non temos dúbida de que estaría nunha deses praias do mediterráneo recollendo rapaces do mar ou petando en despachos de Bruselas en defensa dos refuxiados.

O maior testemuño das conviccións dun escritor queda reflictida nos seus libros. E este conto infantil -“A galiña Azul-  é un alegato en defensa do “diferente”; do que non fala coma nos, do quen non ten a nosa mesma cor de pel, do que cree noutro Deus e organiza a familia doutro xeito. Unha galiña é perseguida polas autoridades, só polo feito de ser azul, pero é protexida por un pobo que dicide pintar de azul todas as súas galiñas.

¨Un polbo xigante¨
“Un polbo sigante” fala dun polbo que arrebata a un mariñeiro do mar e desaparece con él. Ainda que o polbo, ao parecer, non é un polbo, senon  o xastre de Angueiros que adicábase a facer faltrucadas desfrazado de polbo. Hai no conto un velorio sen morto e outras curiosas peripecias, ata que ao final o morto aparece, ao cabo dos anos, na aldea. Resultou que embarcara en Vigo cara a Arxentina ainda que, dempois dos nos transcurridos, non volveu  rico senon… nen sequera truxo gabardina.

Un conto delirante … Casares tíña tamén esta faceta fantasiosa, que mostrou nos contos infantís ou nalgúns ralatos para adultos. Él dixo:

O aporte da literatura imaxinativa é humanizar unha sociedade que cada vez é mais escravizada e mais afastada das facultades creativas do ser humano” É dicir, a fábula como refuxio contra a realidade.

¨Elexía¨
Casares foi un home sociabel, tertuliano, polemista no sentido lúdico do termo. Xa en Compostela, con Ramón Piñeiro e outros intelectuais dos que o separaban décadas de vida e de experiencia, monstrou esa condición. Logo a súa casa de Vigo foi duante décadas lugar de encontro da intelectualidade galega.

Asi que esta elexia a Luis Cernuda está escrita dende a camaradería, sen a mais mínima solemnidade. Aínda que néla, Casares marca as dúas fronteiras máis notabéis que (para él) separan a Cernuda dos antigos camaradas. Dílle que “eles todavía poden amar a unha rapaza”. E dille: “Ti Xa non falas”.O sexa, o amor e a palabra como as distancias máis relevantes entre o mundo dos vivos e dos mortos.

Ao ler Elexia para Luis Cernuda a xente de Xardín Desordenado imaxinámola cantada pola panda de amigos de Cernuda, a altas horas, con máis alcohol e tabaco do recomendable, mesmo nun bar de mala reputación, e créndose quen de cantar coma Chavela Vargas.

¨Outro Verán¨
En “Outro verán” xurde de novo o cronista dun tempo e dun país. Os veráns dos anos 60, contados a través das ilusións e as penas dunha rapaza.

Casares fai que o relato teña unha gran carga testemuñal, e transporte ata aquelas rapazas, para ás que o verán representaba a luz, o mar, as saídas nocturnas, as festas, os descubrementos, as confidencias, os primeiros amores ao mencer nas praias, baixo o rumor das ondas, ou agochadas nun bosque ata onde chegaban os sons das verbenas. O verán luminosos e festivo daba paso a un inverno melancólico, na cidade da chuvia, esperando o regreso do verán que, como queda en evidencia no relato de Casares era xa… outro verán.

¨Dous Normandos¨
Unha das características da obra de Casares é o sentido do humor. Incluso nos seús relatos máis sombríos ou mais truculentos aparece o seu sutil sentido do humor, sorprendéndonos nun recuncho da acción ou nalgunha ocurrencia dos personaxes.

Neste caso Casares plantexa o relato a partires dunha visita á biblioteca de Copenhague, onde afirma ter atopado escritos que fan mención a unha batalla dos vikingos en Cervo (Lugo). Os componentes de Xardín Desordenado (inxenuos) buscamos e non atopamos ningunha referencia a tal batalla, ata que comprendimos que a batalla só era un artificio literiario, que o autor aproveita para facer unha peculiar distinción entre o ben e o mal. A un dos normandos -Torjorn- Casares descríbeo coma un guerrero implacable e sanguinario e a o outro,  Orm, descríbeo considerado e compasivo. Esa diferencia evidénciase na forma de comportarse cada ún na batalla, pero tamén ante os verdugos, e mesmo dempois de mortos… resultan pantasmas ben diferentes.

¨Primeiras Lembranzas¨
Un neno labrego en Xinzo de Limia, coidando vacas e “enredando ca navalla nun pau de carballo

Un Mozo seminarista, como Díaz Castro, como Manuel María, porque na Galicia rural dos anos 50 a única posibilidade de adquirir cultura, era ingresar nun seminario. Alí aprendéu a escribir, máis en castelán e en latín. E fundou un periódico infantil “O Averno” un título que xa apuntaba temeridade e sentido do humor.

Un  Xoven universitario en Compostela, contestatario contra un réximen carente de libertades, pero contestarario xa en favor dunha lingua que amaba dende a infacia e que estaba prohibida nas aulas. Un xoven tamén conspirador, que frecuenta tertulias dos escasos galeguistas sobrevivintes á posguerra, como Ramón Piñeiro.

Un profesor de instituto en Cangas do Morrazo, onde xurde outro signo do seu carácter: a solidaridade. Porque naquel primer destino profesioal, resulta expedientado e expulsado por loitar en favor dos profesores non numerarios (él era funcionario) que tiñan unhas condicións infames en relación cós funcionarios.

Transcurrido o tempo sería escritos incansabel e un xestor en favor da cultura dende o parlamento Galego, dende o Pen clube, dende a editorial Galaxia, dende o Consello Galego da Cultura e dende multiples organismos, facendo unha labor inxente en favor da língua e da cultura.

Pero o primeiro de todo… um neno labrego en Xinzo de Limia

¨Verbas de Espranza para Rosalía¨
Casares mostrouse sempre orgulloso da nosa língua. Dende que casou cunha Sueca e vivíu alí por tempadas, obsesionouse por ver a Galiza ocupando un lugar nesa Europa. Un galeguista, europeísta. Por íso gustáballe considerar a língua galega formando parte dun mosaico das 90 linguas que se falan en Europa.

“Verbas de Espranza para Rosalía” é un himno a Rosalía e polo tanto a nosa língua, e a Galicia. Un himno onde se nomean autores extraordinarios, como argumentos para a espranza.

Leave a Reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *

You may use these HTML tags and attributes: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>