Xardin desordenado » Maria Victoria Moreno

Maria Victoria Moreno “Victoria da Luz”
Empezamos esta crónica en Valencia de Alcántara, porque enteráronse alí de que Xardín Desordenado confeccionara un proxecto sobre María Victoria Moreno e, o pasado Xuño, invitáronnos a presetalo na súa vila que reinvidicaba, con todo dereito, o nacemento e a infancia de María Victoria. Recibíronnos na sinagoga do seu fermoso barrio xudeo e cantamos para eles as cancións contidas no noso CD “Victoira da luz”, nun concerto inesquecibel para Xardín Desordenado.

Naquela terra, a luz é moi diferente á nosa: máis intensa, máis protagonista, e baixo esa luz transcorreu a infancia de Maía Victoria, condicionando sen dúbida o seu carácter.

Ela estudou logo en Salamanca, onde coñeceu a José Luis LLácer, un compañeiro ao que se brindou a axudar cos apuntes, xa que era invidente. Compartían, ademáis da paixón pola literatura e polo ensino, a oposición á ditadura. Namoraron, casaron, e José Luis foi destinado ao colexio da ONCE en Pontevedra…

E así foi como, a principios dos anos 60, chegou a Galiza aquela moza de 24 anos, que utilizaba chapeaus extravagantes e gorras revolucinarias, conducía o seu coche, fumaba incesantemente, lía en calquera lugar e circunstancia, e tiña a cabeza chea de paxaros porque xa lle gustaba inventar historias. Era, en certo modo e para aquel tempo, unha muller inquietante; de feito ela definiuse sempre coma unha “snob insurrecta”

Da nosa viaxe a Valencia de Alcántara regresamos inmensamente agradecidos pola acollida e coa convicción que estabamos a tratar cunha autora “mestiza”. Unha muller que resultou seducida pola sonoridade e as penumbras da nosa lingua, ata o punto de que escribiu toda a súa obra en galego…pero que non se desprendeu nunca da luz de Extremadura.

Así, por exemplo, este poema sobre o “amor ausente”, escribiuno con versos doentes pero luminosos.

“Díptico gramatical”

A principios dos anos sesenta, en Galiza a nosa língua estaba excluída dos ámbitos académicos e dos ámbitos literarios, os dous espazos onde María Victoria pretendía desenrrolar o seu porvir.

Así que, o seu achegamenteo a nosa língua, non se debeu a “adaptación ao medio” senon a motivos solidarios.

Nos exames de bacharelato do seu instituto, MVM presencia as burlas que sofren os nenos das aldea, que estudan en pequenas escolas rurais e que acoden a examinarse á cidade; unhas burlas debidas ao feito de que, na súa fala, se lles escapasen expresións en galego, a lingua das súas familias.

Ela púxose en seguida de parte deses rapaces, e pronto namora do o seu vocabulario, máis tade da súa literatura, e convértese en profesora daquela lingua perseguida, atrevemento que pagou coa retirada do seu pasaporte.

Dese faceta coma profesora de galego, deixounos este poema: “Díptico Gramatical” que é unha lección na que pretende correxir, na primeira parte, o abuso dos xerundios e, na segunda parte, a utilización forzada dos infinitivos.

“Duns folios que foron brancos”

María Victoria sentiu auténtica paixón polo ensino. Dixo, por exemplo: “O meu corazón florece nas aulas”. De feito as súas dúas obras máis notables “Anagnórise” e “Leonardo e os fontaneiros”, teñen protagonistas xuvenís,

O poema “Duns folios que foron brancos” dedicouno precisamente, aos adolescentes: “Para tódolos rapaces e rapazas que descubriron a complicidade dun folio en branco. Para aqueles que a descubrirán. Para Pedro”

A xente de Xardín Desordenado resultounos un poema moi sesenteiro, con influencias daqueles movementos que pretendían que mediante a música, o amor, as froles, e a clarividencia que proporcionaban determinadas drogas, conseguirían cambiar o mundo. Aquel movemento resultaría arrasado por sucesos coma a guerra de Vietnam ou coma a primavera de Praga, pero deixounos algúns himnos moi fermosos, como “Blowin in the wind” ou “Gracias a la vida” de Violeta Parra, unha autora que a María Vitoria encantáballe, e que posiblemente inspiroulle este poema.

“Único amor”

En ocasións, as poetas, contradin nas súas propias vidas, as teorías que propoñen nos seus poemas. No poema “Único amor” María Victoria ven dicir que o primeiro amor é o único amor. E, con todo, no momento máis escuro da súa vida (viúva e enferma de cancro) recibe unha carta dende A Habana, remitida por un tal Pedro Ferriol, felicitándolle por “Leonardo e os fontaneiros”. Establécese unha relación epistolar entre eles, unha relación entre escritores, xa que tamén Pedro é escritor. E nace a curiosidade, o interese mutuo; ela viaxa a Cuba, namoran e casan apresuradamente para que el poida abandonar a illa e viaxar con ela a Galiza. Desde entón, xa só separaríaos a morte.

No noso concerto na Fundación Sales de Vigo, tivemos o pracer de contar coa intervención de Pedro Ferriol (e tamén do poeta Antonio García Teijeiro, gran amigo de María Victoria) que emocionáronnos a todos cos relatos sobre aquela muller interesante e conmovedora.

“Caminantes”

No seu libro “Camiñantes” María Victoria Moreno actúa coma unha deses retratistas de rúa, que nos debuxan nun papel, por unhas cantas moedas, mentres nós tomamos un café, sentados nunha terraza.

Apenas cuns trazos, descrebe a unha serie de personaxes e con ese mosaico compón unha estampa da sociedade do seu tempo. Xardín Desordenado elixíu dous, concretamente dúas mulleres. Unha delas, unha mendiga de Pontevedra que confúndese por momentos cunha princesa; unha desas mendigas que, cando cruza a mirada coa nosa, fainos sentir que nós somos os auténticos indixentes.

A outra é percebeira, unha daquelas heroínas que conseguiron que as costas de Galiza sobrevivisen ao desastre do Prestige.

“Escribo non Mencer”

Que nós teñamos coñecemento, María Victoria viviu dous amores, e casou nas dúas ocasións. O poema “Escrito no Mencer” está escrito na noite previa a esa ceremonia e descrebe ese momento de ilusión por reunir aos seres queridos e comprometerse no amor ante eles. O poema plasma toda a ledicia desas horas de véspera. A verdade é que coa súa lectura apetece casar de novo…

“Nana para Begoña”

María Victoria cumpriu outra das súas vocacións, ser nai, mediante a adopción de dous irmáns Begoña e Carlos. Así que, no momento de maior actividade intelectual, tiña a cargo dous raparigos, o seu marido invidente, e á súa nai. Aproveitaba para escribir no coche, que era un lugar cómplice para ela, e na cociña da casa, no silencio das noites, fumando sen descanso.

Moitas das súas enerxías e do seu talento envorcouno na literatura infantil con dous obxetivos que deixou escritos: “provocar nos nenos o amor polas palabras, e conducilos cara o compañeirismo, a xenerosidade, a sensibilidade”.

Aceptou tamén o compromiso de Editorial Galaxia, presidida entón por Carlos Casares, de dirixir unha colección de contos infantís (“Textos para ler en voz alta”) en complicidade con Antonio García Teijeiro.

María Victoria escribiu este poema para a súa filla, “Nana para Begoña” pero, rompendo a súa traxectoria de escritora en língua galega, fíxoo en castelán, recordando seguramente as nanas que lle cantaran na súa infancia, en Valencia de Alcántara.

“Tren de Pesares”

No poema “Tren de Pesares” María Victoria utiliza como símbolo de despedida unha daquelas estacións de ferrocarril dos anos sesenta, un lugar que descrebe sórdido, escuro, chumbo e frío.

Pero ela enfrontouse á despedida definitiva, sen pactos có medo… opoñendo, coma ao longo da toda súa vida, a luz ás sombras.

Nin sequera na hora de derrota, deixou de crer na literatura. Entre quimioterapias e diagnósticos pesimistas, escribiu o seu último libro, e para o título deixou un oco, aínda, para a luz “Diario dá luz e dás sombras”

“ Gustariame dicir que deiso un ronsel de amor, un bo exemplo e un libro que descubra algo a quen ou lea” repetir a lectura e logo dicir…” escribíu a modo de epitafio.

E aquela snob insurrecta, nun último acto de reivindicación da vida e da literatura, o mesmo día que os médicos lle confirmaron que os tratamentos fracasaran e quedaba coma un bote á deriva, acudiu á presentación no Ateneo de Pontevedra do seu último libro.