Xardin desordenado » Carmen Kruckemberg

Carmen Kruckemberg
O primeiro recordo que teño de Carme Kruckemberg nada ten que ver coa súa condición de poeta, senón coa súa condición de muller “diferente”. Eu era un adolescente e, dende un xornal ollado con desgana no bar, chamou a miña atención unha muller que por idade podería ser a miña nai, pero cuxo aspecto e actitudes nada tiñan que ver con ela, nin con ningunha das nais dos meus amigos. Carmen aparecía nunha noticia social, rodeada de homes (única muller do grupo) vestindo un smóking -como eles- fumando -como eles- mirando displicente á cámara, en contraste co sorriso intimidado e submiso dos seus acompañantes. De inmediato recordoume a esas actrices -Marlene Dietrich, talvez- nas que conviven o malditismo e o glamour, e a aparición dunha muller como aquela na prensa local me suxeriu aventuras impropias dunha cidade provinciana e pacata coma á dos últimos tramos da ditadura.

Algún tempo despois souben do seu “oficio”, pero transcorrerían anos ata que eu lese os seus poemas. Ben, en realidade, o meu primeiro contacto coa súa poesía realizouse directamente dende a súa voz. Sucedeu que cheguei a un recital cando os organizadores recollían os tratos, e só algúns fans demorados rodeaban cos seus eloxios á poeta. Sumeime á roda, coa intención de conseguir a súa firma no exemplar recén comprado. Mentres ela asinaba, intentei desculparme por non chegar a tempo. “Lévaste os poemas que son o realmente importante”, díxome a xeito de consolo. “Sí. Pero perdinme a súa voz” contestei eu, pretendendo resultar adulador. Carmen non era unha muller doada de superar en amabilidades, así que abriu o libro, buscou unha páxina concreta, e mirándome -non ao texto, que tiña memorizado- recitou exclusivamente para min o seu poema favorito.

A raíz daquel encontro seguín a súa obra de forma retrospectiva, ata que me topei con “Ás complexas mareas dá noite” onde me detiven, como ante unha desas paisaxes que, nunha viaxe sen obxectivos, parecen estar a esperarte. E “mareas” converteuse, durante unhas semáns, nun deses libros íntimos, cotiáns, dos que chegas a considerarte coautor. Algúns dos seus versos, nos que Carmen describe maxistralmente os danos ocasionados polo paso do tempo, inspiráronme unha rancheira arrastrada que, xa durante a composición, imaxinaba cantada por Chavela, nunha desas taberna fronteirizas, onde se reúnen as perversións, as derrotas e os seres peculiares ao atardecer da vida (a vida de Chavela, a vida de Krukemberg).

Enviei aquela primeira versión a Carmen gravada coa miña voz e co único acompañamento dunha guitarra, nun monótono 3 x 4 que, na charla telefónica que mantivemos, desalentou un pouco á poeta. “Moi repetitiva esa guitarra, non Santiago? E é unha pena, a verdade, porque a melodía si que me gusta. E gústame tamén como construíches un retrouso que non existía no poema, pero que funciona moi ben na canción. Tanto de tanto. Tanto de nada”

Os músicos de Xardín Desordenado dedicamos unha das nosas noites en Tirán a recompoñer, arranxar, interpretar coa énfase necesarios aquela canción e convertela nunha rancheira sí, pero entusiasta e desafiante.

Por circunstancias que non veñen ao caso, non fun eu senón Isaac Garabatos quen achegou á casa de Carmen aquela versión de “banda completa”, moi parecida xa á que pecharía logo o noso CD “Aprendendo a ladrar”. Carmen quedouse encantada –contounos Isaac- pero durante a entrevista, aínda que se mostrou acolledora e afectiva (regaloulle a súa obra completa, pero por libros independentes, que mola máis) prestou máis atención a Luca que a él. “Escapóuseme un pouco Carmen aquela tarde -di Isaac, cando recorda o encontro- porque se distraeu demasiado nos ollos do meu fillo”.

E estes días que a xente de Xardín Desordenado compartimos con máis motivación e con máis rabia os versos de Carmen, búscoa eu non só neles -nos versos- senón tamén no recordo daquela cita á que non acudín, e nos ollos de Luca, por se segue por alí, Carmen poeta, extraviada.