Vídeos

“Tenrura”, un poema de Manuel María, talvez dos autores máis sutís cando se trata de falar de amor, e que neste texto sitúa á tenrura por enriba do desexo, e por enriba mesmo da esperanza.

Quen dixo que Rosalía de Castro non tiña swing?

“Os amores antigos” é un poema no que Pepe Cáccamo relata os primeiros (e apenas intentados) amores.

‘Amemos’ (Poema de Carlos Casares) – Xardín Desordenado

“Cidade cemiterio”, un desolador poema no que Miguel Anxo Fernán Vello predixo en certo modo (o poema foi escrito no ano 2.004) a crise económica e anímica que máis tarde se apoderaría das nosas vidas.

Rosalia de Castro, festeira e gaiteira.

Na costa da morte naceu nas décadas duras (¿cales non o son alá arriba?) un grupo de poetas novos, chamado “Batallón literario dá costa dá norte” (nin no nome fixeron concesións). Esta canción compúxose con versos dun daqueles mozos: Serxio Iglesias. O título do libro… tampouco dá lugar a enganos: “Métodos para afogar un cisne”