Darío Xohán Cabana

Non foi doado regresar a aquela casa que levaba semáns -meses talvez- carente de vida ningunha. Por fortuna fíxeno acompañado dunha muller amada e valorosa, con quen debía repartir -eramos os únicos herdeiros- as fotos, os libros, algunha xoia de escaso valor, antigos e atractivos aparatos eléctricos; unha muller -digo- con quen compartira tempo atrás os espazos daquela casa e o amor polos seus moradores, e con quen volvín convivir aqueles días de recordos, sorrisos, complicidades e pena.

Canta de Cerca a Morte Dario

Darío e Xardín Desordenado

 

Era Outono, creo; en calquera caso, tras as ventás que no pasado nos ofreceran a luz da infancia e as paisaxes da xuventude, mantívose durante todo o zafarrancho unha chuvia tenaz que obrigaba a manter permanentemente acendida a luz eléctrica. Apenas falamos durante as horas en que revisamos armarios, estantes, mesas de noite. Falar era tan innecesario que tivese suposto unha impostura. O domingo achegouse un amigo con furgoneta e levouse case todo o almacenado por nos ata a pranta incineradora; confeso que sentín un desalento absurdo -do que hoxe ruborízome, claro- polo humilde inventario daquelas pertenzas, que eran só o sobrante de todo o invertido para que nós dispuxésemos das maiores oportunidades.
Seguiu un loito limitado no tempo e para o que non foi preciso utilizar medicamentos. Cada quen establece a súa estratexia contra o sufrimento: o esquecemento non é, seguro, a máis meritoria, pero resulta moi eficaz.

Pero, transcorrido o tempo apareceu unha desás gretas que xorden na estrutura dous edificios e que os arquitectos chaman “vicios ocultos”. Algún áspero amañecer asaltábanme -non os recordos, felices ou dolorosos, dos personaxes perdidos- senón a memoria daqueles días en que baleiraramos a casa que, en realidade, nunca nos pertencera. Eu non encontraba razóns nin fórmulas para evitar aquela incomodidade que ameazaba con facerse crónica ata que, como en tantas outras ocasións, a literatura acudiu no meu auxilio. Alguén puxo nas miñas mans “Canta de cerca a morte” un libro no que Dario Xohán Cabana, se refire a unha desas casas que pasan de pais a fillos e que rematan sendo máis que un patrimonio, máis que un refuxio; o símbolo dunha familia na parroquia. No libro Dario descrebe o esplendor da casa do pai, a decadencia desa casa, e o seu compromiso de que a casa non se perda no río do tempo. É certo que as circunstancias nada tiñan que ver conmigo pero alí encontrei o consolo que necesitaba, así que establecín co libro unha relación case enfermiza, da que tiven logo que librarme -como son músico, non coñezo mellor ruta para a fuxida que a música- compoñendo unha canción cos seus versos á que titulamos “A casa do Ricardo” e que foi incluída no primeiro CD de Xardín desordenado.

Débolle, en fin, un favor máis aos versos de Darío: a primeira versión daquela canción chegou (de forma rocambolesca) ata unha marabillosa cantante portuguesa, Marlene Rodrigues, que cruzou o Miño na miña busca, para cantarma e incorporarse de inmediato ao noso proxecto
En certa ocasión tivemos o privilexio de interpretar “A casa do Ricardo” ante o seu autor. Foi no Museo Provincial de Lugo. Nós ignorabamos que se encontraba entre o público, pero o recoñecín en canto, finalizado o concerto, se achegou -un home vertical, elegante, profundo, como a súa literatura- cos ollos húmidos pero sen deixar de sorrir, ata que chegou ao noso lado. Abrazámonos coma se fosemos “dous cómplices de toda a vida” que se atopan ao fin, tras unha longa travesía. A ese día corresponde a fotografía que achego, de escasa calidade técnica -son consciente- pero de inmenso valor para a nosa banda.

 

2 thoughts on “Darío Xohán Cabana

  1. Adoro ese tema. Claro, era facil ponerle musica a las palabras con las que el autor describe los espacios de la casa de su padre,contemplada como desde un exilio, desde un no asumido destierro. Me idenfiqué -quien no- con esa casa de Ricardo. Y la sentí, la respiré, la revise desde la frontera irremediable de mis intimas ausencias.

    • cuanto me alegro de que, precisamente tú, te animaras a opinar sobre este poema, sobre este libro maravilloso de Xohán Cabana, querida Rosa

Leave a Reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *

You may use these HTML tags and attributes: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>